Sucesos Vigo al minuto

O 24% dos rapaces de Secundaria rexeita a homosexualidade e o 32% non usa condón

A Sociedade Galega de Sexoloxía ven de detectar que as relacións sexuais estanse volvendo “narcisistas debido á introducción dos medios audiovisuais e das redes sociais. Eso asegurou o seu presidente, Manuel Varela, no marco das III Xornadas de Saúde Sexual que se celebran este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra e ao que asisten un cento de especialistas, dende médicos pasando por psicólogos, enfermeiras, profesores ou auxiliares.

Varela considera negativo que hoxe “prime máis ter unha cámara que nos grabe para disfrutar logo vendo a práctica sexual que facenda, ou o que se dí en Facebook, en non na relación corpo a corpo”. O presidente da Sociedade Galega de Sexoloxía desmentiu que estas prácticas eviten embarazos non desexados, “que están aumentando” ou enfermidades de transmisión sexual, entre as que volven a verse casos de sífile, “que estaba case que esquencida”.

Para Varela este rexurdimento das enfermedades sexuais dábese ás relacións esporádicas que os rapaces menteñen, especialmente os fins de semán a causa da “cultura do botellónque, ao seu entender, “fai que perdan o control e non sexan donos de si mesmos”.

Coma consecuencia delo, non empregan preservativo ou, coma o alcohol inhibe o sistema nervioso, “tamén botan man de medicamentos coma a Viagra ou similares”. A Sociedade Galega de Sexoloxía califica esta práctica coma “sexo mecánico”, que non é natural. No encontro analizáronse, ademáis, os resultados sunha enquisa realizada entre 300 estudantes de Educación Secundaria de entre 13 e 21 anos de idade, da que resultou que o 24% dos homes rexeitan a homosexualidade, e o 32% non empregaba preservativo, o que considerouse coma un “problema moi serio” que precisa máis educación sexual nos colexios e institutos.


 

También te puede interesar