Vigo al minuto

Os traballadores de Barreras cortan o tráfico diante do asteleiro

Os traballadores de Barreras, que está en concurso de acreedores dende hai varios meses, cortaron este martes o tráfico diante do asteleiro para reclamar unha solución a súa situación logo de que a empresa quedase sen carga de traballo tras a suspensión, por parte da Unión Europea, das ventaxas fiscales que tiña o naval.

Esta reivindicación prodúcese unhas horas despois de que o Goberno galego, a patronal do sector e os sindicatos presentasen unha nova proposta que permitiría retomar a actividade e permitir ao sector acoller novas cargas de traballo.

Os concentrados, ao redor dun cento de personas, entre as que estaba o candidato de Esquerda Unida ao Congreso, Rubén Pérez, demandaron o apoio dos seus compañeiros da industria auxiliar, na que empeza a repercutir a paralización dos grandes asteleiros, coma pon de manifesto o ERE extintivo presentado en Cotnsa y Mintucal hai uns días.


 

También te puede interesar