Galicia

Ana Pastor (PP) di que a idea de Feijóo (PP) de cobrar pola tarxeta sanitaria é «lamentable»

Dese xeito calificou a inciativa que a Xunta porá en marcha en xaneriro a candidata do Partido Popular, do que é líder autonómico o seu compañeiro e presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo. Nunha entrevista concedida a Radio Nacional, Ana Pastor, asegurou que é “lamentable” que os cidadáns teñan que pagar unha tarxeta nova se a perden ou a estropean.

A cabeza de lista do PP por Pontevedra tamén deixou crara a súa oposición ao copago sanitario, “a sanidade págase cos impostos, salientou, ao tempo que apostou por recortar gastos superfluos. «Son unha defensora da sanidade pública, gratuita, universal e equitativa para todos os cidadáns”, declarou Pastor, quen apostou pola financiación da sanidade e criticou que os socialistas “deixen un dos sistemas máis endebedados do mundo, cun burato de 15.000 millóns de euros”.

Sobre os proxectos, coma o do novo hospital de Vigo, e a súa financiación público-privada, a ex ministra de Sanidade indicou que “as infraestructuras nada teñen que ver co esencial da mediciña: a asistencia”.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.