Cultura

Compañía, imaxinación e soños na ‘Noite aberta’ de Vigo

O dia 4 do mes que ven, venres, podes facer algo diferente, en familia e con amigos. De 7 do serán a 11 da noite, e na Librería Infantil Peles Guedellas, que está Doutor Cadaval 21, varias tendas da zona: Sipi Nopi, de roupa para nenas e nenos, a xoguetería El país de Nunca Jamás, a xoiaría Atípica e o comercio de roupa para muller Terra do Baol, organizan a Noite Aberta‘.

Que qué é? Pois unha tarde de xogos, algo de picar e a compañía de Fabio, un maestro xogueteiro coñecedor dos segredos da diversión e da imaxinación, e os Contacontos de Alexia, sabios das palabras, dos libros, de facer creible o increible, de preparar os soños e amigos de escritores, trapalleiros, troantes e fabuladores.

Eso para os rapaces e rapazas, os que se crean rapaces e rapazas e os que queren voltar a selo...os que teñan máis curiosidade en saber en qué andan a traballar en Terra do Baol, Atípica, Sipi Nopi, El país de Nunca Jamás ou que argallan el Peles Guedellas, poden ver, tocar, curiosear e mesmo mercar o que queran de ellas sen presa e sen necesidade de ter que andar dun lado a outro. Non está mal, eh?


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.