Vigo al minuto

O BNG advirte, “só depende do alcalde seguir sendo alcalde, xa non depende de nós”

O BNG non lle asinou un cheque en branco a Abel Caballero”. Así de contundente foi o voceiro nacionalista no Concello quen este martes indicou que os nacionalistas cumpriron o seu compromiso de evitar que a dereita gobernase en Vigo, pero que ese compromiso “non é eterno”.

Santiago Domínguez confesou que no tempo en que foi o tenente de alcalde de Caballero, calou moitas cousas polo ben da gobernabilidade da cidade e ate recoñeceu que a coalición cos socialistas poido costarlle votos ao Bloque, o que deu por válido “xa que traballamos polo ben dos veciños”.

Domínguez retou a Caballero a demostrar que hai un trato entre eles para que siga na Alcaldía, e advertiulle de que o que ten que facer é aprender a gobernar en minoría e cortou o aire cando asegurou “Caballero é alcalde gracias aos votos dos concelleiros do BNG, seguir sendo alcalde depende, dende agora, só del”.

También te puede interesar