Deportes Vigo al minuto

O Seis de Nadal-Coia, novo referente do baloncesto galego

Para o Clube de Baloncesto Seis do Nadal-Coia esta nova tempada 2011/2012 será histórica. Se nos últimos anos o clube alcanzou unhas cifras elevadas en canto ao número de integrantes e conseguiu grandes éxitos nos grupos de formación da entidade, a nova campaña 2011/2012 comeza prometendo ser un referente para esta canteira de formación da cidade de Vigo, tal e como foi presentada a pasada semana polos dirixentes da entidade ao Concelleiro de Deportes.

Os 23 equipos federados do club, un máis que na curso pasado, e o conxunto de adultosxa están en marcha. Máis de 300 xogadores e xogadoras integran e forman parte dos conxuntos federados do clube desde categoría benxamín ata categoría sénior, tanto en masculino, cun total de 14 equipos, como en femenino, con 9 conxuntos.

Catro combinados federados da entidade competirán nas Ligas 1ª División 11/12, antigas competicións autonómicas. Así, os equipos infantís “A” e cadetes “A” tanto masculinos coma femininos participan este curso nas ligas autonómicas da súa categoría e están inmersos actualmente no xogo das Copas Galicia previas.

Ademáis en categoría sénior, o Sénior Masculino Autonómico participará na Liga 2ª División Sénior Masculina, competición que se corresponde coa antiga Liga FGB Autonómica e que converte ao noso conxunto no equipo que participa na máxima categoría da cidade de Vigo este curso. Na división anterior, na Liga 3ª División Sénior Masculina, contenderá o equipo Sénior Masculino “B”, despois de que na pasada tempada 2010/11 se conseguira o ascenso.

En Escolas Deportivas o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia impartirá a actividade de baloncesto nas mesmas dez escolas que no ano. Os colexios Seis do Nadal, Celso Emilio Ferreiro, Illas Cíes, Javier Sensat, Pintor Laxeiro, Doutor Fléming e Don Bosco Salesianas; e as escolas municipais de Balaídos Grupo 1, Balaídos Grupo 2 e Berbés; practicarán o baloncesto das máns da entidade de Coia.

Neste apartado, o club “seisnadalista” crea esta tempada unha nova Escola Deportiva no Pavillón Municipal de Navia con dous grupos para nenos e nenas de entre 6 e 16 anos. Máis de 300 escolares poderán practicar o baloncesto nas Escolas Deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal que arrancan nestes primeiros días do mes de outubro, estando en marcha os máis de 600 participantes que forman parte da mellor canteira da cidade de Vigo e dunha das máis importantes da comunidade galega.

A Dirección Deportiva da entidade, con Sergio González ao fronte desde fai xa cinco tempadas, presentou ao Concelleiro de Deportes esta estrutura deportiva da entidade que conta co corpo técnico de adestradores/as e monitores/as máis amplo do panorama deportivo galego. Son máis de 30 técnicos os encargados de desenvolver a actividade deportiva da entidade día tras día e xornada tras xornada.

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, club galardoado coa distinción de Mellor Club por Puntos da Delegación Viguesa 2010/2011 por undécima tempada consecutiva, presentou na Concellería de Deportes o seu interese de organizar diferentes eventos e torneos ao longo deste curso deportivo. As novas edicións dos torneos de carácter internacional de minibásquet, de categoría infantil e de categoría cadete; acompañarán as novas edicións das dúas ligas internas de colexios (Lincos), competicións escolares de gran volumen e prestixio na cidade de Vigo. Para completar o proxecto de eventos, o club de Coia organizará o seu campus de verán e diferentes campus de tecnificación.


 

También te puede interesar