Galicia

Vázquez amosa que o seu poder no PSdG é equiparable ao de Carrillo na Conferencia Episcopal

Proba delo foi a sua negativa a respostar ate unha ducia de preguntas sobre a aplicación da regra ‘un militante, un cargo’ á tenente de alcalde e candidata socialista ao Congreso por Pontevedra, Carmela Silva. Manuel ‘Pachi’ Vázquez, non quixo decir nada sobre o desafío do alcalde de Vigo quen onte asegurou, terminantemente, que Silva non renunciará ao Concello maila a presentarse ás próximas Eleccións Xerais, “só deixaría o seu cargo municipal se Rubalcaba a nomea ministra…que non se pode descartar”.

Deste xeito Abel Caballero, desafiaba públicamente a Vázquez quen hoxe, só ante o perigo -tiña que comparecer en rolda de prensa xunto con voceiro do PsdG no Parlamento de Galicia, Abel Losada que, finalmente non estivo- limitouse a decir que “son temas de organización que resolverá a organización“, e non defendeu, nen garantiu que se cumprise a norma de incompatibilidades que él mesmo fixo aprobar cando asumiu a secretaría xeral.


 

También te puede interesar