Galicia

Vázquez amosa que o seu poder no PSdG é equiparable ao de Carrillo na Conferencia Episcopal

Proba delo foi a sua negativa a respostar ate unha ducia de preguntas sobre a aplicación da regra ‘un militante, un cargo’ á tenente de alcalde e candidata socialista ao Congreso por Pontevedra, Carmela Silva. Manuel ‘Pachi’ Vázquez, non quixo decir nada sobre o desafío do alcalde de Vigo quen onte asegurou, terminantemente, que Silva non renunciará ao Concello maila a presentarse ás próximas Eleccións Xerais, “só deixaría o seu cargo municipal se Rubalcaba a nomea ministra…que non se pode descartar”.

Deste xeito Abel Caballero, desafiaba públicamente a Vázquez quen hoxe, só ante o perigo -tiña que comparecer en rolda de prensa xunto con voceiro do PsdG no Parlamento de Galicia, Abel Losada que, finalmente non estivo- limitouse a decir que «son temas de organización que resolverá a organización«, e non defendeu, nen garantiu que se cumprise a norma de incompatibilidades que él mesmo fixo aprobar cando asumiu a secretaría xeral.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.