Vigo al día

Inaugura outra vez, Abel

As inauguración de Pino e Asturias non serán este xoves. Así o comunicou o ‘gabinete de Alcaldía’ nunha nota remitida aos medios este martes na que dice exactamente: “En referencia á inauguración das rúas Pino e Asturias prevista para o xoves, 29 de setembro, o Goberno municipal quere aclarar que a invitación foi cursada antes da entrada en vigor do decreto e, por suposto, unha vez que se ten publicado no BOE a convocatoria de eleccións, o acto queda automáticamente suspendido. Como non podía ser de otra maneira, o Goberno municipal cumpre escrupulosamente a Lei Electoral, tal e como ten feito ata o de agora”.

A devandita inauguración viña de ser denunciada polo grupo municipal do Partido Popular quen anticipaba que o alcalde tomara esta decisión aproveitando que non se constituiran as xuntas electorales local e de zona e que, por elo acudiría aos tribunais para impedir a mesma.


 

También te puede interesar