Vigo al minuto

A Xunta anima aos vigueses a porlle nome ao novo hospital

A Consellería de Sanidade vén de invitar a distintos colectivos da sociedade (organizacións sectoriais, sindicais, asociacións de veciños e demais sectores sociais da cidade) a que fagan propostas coa fin de poñer nome ao que será o novo hospital de Vigo.

Con esta medida, segundo indica en unha nota, “búscase unha maior implicación de todos os vigueses co seu hospital e, ao mesmo tempo, que o novo centro conte cunha denominación propia máis aló da definición do seu emprazamento xeográfico”.

Este mesmo procedemento se fixo no novo hospital de Lugo, que recibiu o nome de Lucus Augusti e, no que se refire á designación dos tres bloques de hospitalización que conforman o centro, foron elixidos nomes dos profesionais como Faustino Vilar, en recoñecemento de todo o persoal de enfermería e matronas; José Goyanes Capdevila, que representa aos profesionais sanitarios da provincia e á vertente investigadora e técnica da profesión médica; e Rafael de Vega Barrera, profesional médico de recoñecido prestixio na capital lucense.

A consellería reitera que o centro hospitalario será “público, que prestará servizo a 600.000 persoas, que “contará 1.465 camas, 35 quirófanos, 160 consultas externas e 62 salas de diagnóstico por imaxe”, e que os traballos de construción continúan segundo os prazos previstos, polo que “o remate das obras está programado para finais de 2013”.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.