RGPD - Cookies
Galicia

A esquerda ven da man de Rubén

A convención provincial de Esquerda Unida acordou este sábado en Vigo presentar como cabeza de lista para as vindeiras eleccións xerais a Rubén Pérez Correa, actual coordinador local da formación. Licenciado en Historia, e empregado dunha empresa de informática, foi o candidato á Alcaldía por EU nas pasadas Eleccións Municipais.

O acto iniciouse cunha asemblea aberta, na que un 50% dos asistentes eran persoas non afiliadas e na que se debateron as 25 prioridades programáticas que Esquerda Unida defenderá conxuntamente cos participantes na Convocatoria Social iniciada en todo o estado.

Na súa intervención, Pérez destacou que EU aporta a posibilidade ilusionante de poder seguir votando á esquerda; “aporta firmeza na construción dunha barreira contra a agresión ó emprego e ós servizos sociais, coherencia entre o que se di e o que se fai e solvencia na alternativa, para combater a resignación, e chamou a mobilización para unha saída da crisisque se faga tendo en conta ás persoas e non os poderes financieiros”.


 

También te puede interesar