RGPD - Cookies
Galicia

Rajoy xa non é nacionalista galego

Os servizos técnicos do Partido Popular xa corrixiron o vídeo de campaña de Mariano Rajoy, pendurado na súa web (www.rajoy.es) e sustituiron o mapa independentista da Galicia por un verde no que se ve a xeografía galega e as catro provincias. Ate este xoves aparecía, tras alhunhas fotografías do candidato un un mapa de «Galiza» que abranguía parte de Asturias e Castela León, xunto coa bandeira coa estrela vermella e a rotulación en galego lusista.

No novo, aparece craramente a imaxe rectificada por detrás da voz do narrador que fala da traxectoria de Rajoy coma concelleiro de Pontevedra e presidente da Deputación e di: «no paró hasta conseguir llevar agua y teléfono a pueblos olvidados de la región».


 

También te puede interesar