Vigo al minuto

Os delegados de Isolux Naval inician un peche indefinido na empresa

Os tres delegados de persoal da empresa Isolux Naval de Vigo (CIG) manteñen dende primeira hora da tarde deste xoves un peche indefinido nas oficinas da empresa en protesta polos despedimentos que está a levar a cabo o grupo. Segundo explican os representantes dos máis de 80 traballadores da empresa, que na actualidade realiza traballos para Vulcano e Metalships, a decisión de mobilizarse adoptouse despois de que o xefe de recursos humanos do grupo en Galiza lle presentase a carta de despedimento a un dos administrativos que traballan nas oficinas viguesas, “aínda que nos consta que podería haber outra compañeira afectada máis en Vigo e dúas ou tres persoas máis na Coruña”.

A reestruturación da compañía está a motivar despedimentos en todo o Estado español, onde, segundo os delegados da CIG, hai xa máis de 50 persoas afectadas. A medida ten como obxectivo rexeitar “o fondo e a forma” da decisión, xa que “ninguén nos comunicou os plan de reestruturación”, critican.


 

También te puede interesar