Vigo al minuto

Feijóo asegura que o novo hospital terá 1.465 camas e Caballero que non serán máis de 700

O presidente da Xunta asegurou este martes en Vigo que o seu goberno “cumpre a palabra dada” e substitúe o que existía ata agora, “planos, proxectos e maquetas, polo que existe desde hoxe, “a realidade dun hospital público en obras”. Durante unha visita ás mesmas, Feijóo afirmou que o novo Hospital é un proxecto concibido para dar resposta ás necesidades das 600.000 persoas que integran esta área sanitaria. E engadiu que o novo centro contará con 1.465 camas, 35 quirófanos, 160 consultas externas e 62 salas de diagnóstico por imaxe.

Case á mesma hora, o alcalde, na outra punta da cidade declaba que non acompañou ao presidente, maila a invitación que lle fixo, porque “non asisto a actos electorales do PP en explanadas expropiadas”. Abel Caballero amosouse “totalmente contrario” ao modelo de hospital de Feijóo porque, salientou que non se trata dun hospital público “como o de A Coruña ou Santiagoe porque o proxecto inicial “foi abandoado pola Xunta: non terá 1.450 camas, senon 700, non haberá centro de investigación oncolóxica, as Urxencias redúcense a un 25% do proxectado e elimina a residencia de externos, que sí ten o hospital coruñés”. Para o alcalde trátase dun proxecto “hiperraquítico” que non cubre, “en absoluto as necesidades sanitarias da cidade”.


 

También te puede interesar