A verdade e que xa empezamos a estar ate os xenitais de novas coma estas que, ao final o que amosan e que moitas das empresas propietarias de medios de comunicación saben menos de xestionar en este sector que de capar porcos. O que sí saben capar é o dereito á información, a diversidade da mesma, as carreiras de profesionais acreditados e a solvencia dos xornais, en xeral, e dos xornalistas, en particular.

Este luns a nova é o peche de o Xornal.com, un medio en galego que levaba 13 anos na Rede e que, coma acaba de comunicar a súa empresa propietaria, morrerá  a finais de ano. O Xornal.com, segue o mesmo camiño que o seu irmán en papel, déixanos orfos e supón a retirada da circulación do talento e bo facer de 38 compañeiros que hoxe coñeceron a mala nova.

vigoalminuto súmase ás manifestacións da presidenta do Comité de Empresa ao reivindicar a “profesionalidade de todos os traballadores que conforman actualmente o equipo e os que se foron por distintas circunstancias” e lamenta o penoso papel dos propietarios do mesmo.


 

También te puede interesar