Galicia

Máis de 6.000 parellas decidiron non agardar a que a morte os separase

Un total de 6.029 parellas galegas decidiron que iso de “ate que a morte vos separe” era para moito tempo e decidiron poñer fin ao seu matrimonio. Este número de rupturas supón un 3% máis que en 2010, segundo publica o Instituto Nacional de Estadística (INE).

En todo o Estado, os divorcios superaron os 110.300, un 3,9 % máis que en 2010. Por tipo de disolucións, os galegos optan polo divorcio, 5.664 casos, moito máis que polas separacións, 360 e as nulidades, só 5 casos.

Ademáis, rexistráronse 245 anulacións de matrimonios homosexuais, dos que 137 foron entre homes e 108 entre mulleres e a meirande parte de todas as rupturas, en todos os casos, foron de acordo entre a parella, o 67,4% fronte ao 32,6% non consensuadas.

También te puede interesar