Vigo al minuto

Un grupo de especialistas tenta eliminar especies invasoras nas Illas Cíes

Un equipo de investigadores do Grupo Especialista en Invasións Biolóxicas (GIB) está dende este venres no Parque Nacional, na zona do acantilado do Faro, onde realiza os traballos de limpeza de alóctonas en zonas de dificil acceso.

Para poder facelo formaronse varios grupos especialistas en submarinismo e escada que traballan xa en zonas de elevado valor natural, coordinados por Laura Capdevila. O GEIB ten coma prioridade a eliminación da mancha de herba de carpobroto atopada no oeste e, para chegar a ella, empregará un sistema de suspensión con cordas para que o equipo poida acceder ao lugar.


 

También te puede interesar