Galicia

Coa venia, xa era hora de que pagase

Exactamente a Dirección Xeral de Xustiza ven de ingresar aos avogados galegos do turno de oficio os 2.089.772 € que lles adebedaba polo seu traballo do segundo trimestre deste ano. O colegio de avogados que más recibiu foi o de Pontevedra, 651.483 €, seguido do de Vigo, 407.463 €, A Coruña, 269.469 €, Ourense, 257.258 €, Lugo 175.813 €, Santiago,167.936 €, e Ferrol, 160.348 €.

Segundo unha nota da Xunta, nos dous últimos anos, axilizouse en máis dun mes o pago a estos profesionais ainda que, o goberno galego advirte, dacordo con todas as comunidades con competencias en Xustiza, que o actual sistema é insotible, polo que reclama ao Goberno do Estado unha nona lei que garanta que só poden dispor deste servizo as persoas que , realmente, non teñan recursos económicos.


 

También te puede interesar