Galicia

Ás 6 da tarde, no Calvario, Marcha Cidada en Defensa da Educación e Sanidade Pública

‘Democracia Real Ya’, ven de convocar para este domingo a las 6 de la tarde, en Vigo, una Marcha cidadá en defensa da Educación e a Sanidade Pública. A mesma sairá do paseo peonil do Calvario, seguirá polos Choróns e Pizarro para chegar á Praza de España.

A conocatoria producese xusto o mesmo día no que veñen de difundirse os datos dos investimentos Estado e das Comunidades Autónomas na construcción en novos colexios e centros hopitalarios que sufriu, ate o peche de xullo, un descenso de preto do 57%, o que tradúcese nun recorte de 1.139 millóns con respecto ao mesmo mes de 2010. Do devandito recorte, casi o 60% soportouno a Educación, máis de 563 millóns que supuxeron a paralización ou non execución de máis de 400 obras de mellora, ampliación yo radicación de escolas públicas. Este dato súmaxse ao coñecido hai uns días, e difundido pola Delegación da Xunta en Vigo, no que se pon de manifesto que máis da metade dos alumnos de Infantil e Primaria da Área de Vigo xa cursan os seus estudos en centros privados ou concertados.

Pola súa banda, os gastos en sanidade, só no que se refire a infraestructuras, menguaron en máis de 300 millóns, cantidade a que hai que engadir a que se detraiu nas áreas sanitarias galegas coa supresión da de Valdeorras ou o peche, por parte do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) de servizos de atención primaria de Oural, en Lugo ou Oleiros, en A Coruña.


 

También te puede interesar