Galicia

Ollo co pegamento e a cola que mercas para os rapaces

Eso advirte o Instituto Galego de Consumo, organismo que ven de remitir unha nota na que pide aos pais que teñan coidado cando merquen o material escolar para os rapaces. En especial fala de dous artigos: a cola e o pegamento que, pola súa alta toxicidade deben ter a inscripción de ‘non tóxico’ ou ‘apto para o consumo escolar’.

Este organismo, que lembra que o Laboratorio de Consumo de Galicia é o único acreditado en España para realizar análise de seguridade dos productos, dacordo coa normativa europea, iniciará unha campaña de control do material escolar coa finalidade de informar de que é necesario ter coidado á hora da súa elección.


 

También te puede interesar