Cultura

Aberta a matrícula para os cursos de adultos no MARCO

Dende o martes 13 de setembro, está aberto o prazo de matrícula para os cursos de adultos, que terán lugar no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) nesta nova tempada 2011-2012, destinados a persoas interesadas en coñecer de primeira man os principais movementos e autores da historia da arte contemporánea.

Nesta edición o MARCO ofrece dous cursos que se desenvolverán dende outubro ata maio: ‘Unha aproximación á historia da arquitectura contemporánea’ —impartido por Ana Pereira, que realiza un percorrido pola historia da arquitectura dos séculos XX e XXI— e unha proposta de Juan de Nieves, que leva por título ‘Produción artística e cultural dende 1968 ata os nosos días’, no que, mediante un formato de sesións monográficas ou temáticas, se analizan aspectos esenciais da arte producida nas últimas catro décadas.

A matrícula dos cursos pecharase unha vez cubertas todas as prazas. Tanto os programas detallados como as fichas de inscrición, están dispoñibles na taquilla do MARCO (en horario de 11.00 a 21.00 de martes a sábados, e de 11.00 a 15.00 os domingos) e no apartado ‘Actividades’ da web www.marcovigo.com

Para esta edición dos cursos, e no marco do convenio asinado pola Universidade de Vigo e a Fundación MARCO, está en marcha a solicitude para a concesión de créditos de libre elección para alumnado da Universidade de Vigo.

‘Unha aproximación á historia da arquitectura contemporánea’

Percorrido pola historia da arquitectura dos séculos XX e XXI. Docente: Ana Pereira Molares, coa participación de relatores externos nalgunhas das sesións. Datas: do 19 de outubro de 2011 ao 2 de maio de 2012. Lugar: salón de actos. Horario: mércores, de 19.30 a 21.00 h.

‘Produción artística e cultural dende 1968 ata os nosos días’

Análise da arte producida nas últimas catro décadas. Docente: Juan de Nieves, coa participación de relatores externos nalgunhas das sesións. Datas: do 27 de outubro de 2011 ao 10 de maio de 2012. Lugar: salón de actos.  Horario: xoves, de 19.30 a 21.00 h.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.