Galicia

A CIG movilizarase contra os despidos e os recortes salariais en Povisa

Así o aseguraron este venres os representantes da Confederación Intersindical Galega (CIG) no hospital vigués, os cales denunciaron que exite unha “ameaza de ERE” por parte da dirección do centro que suporía o despido de 43 empregados so servizo de limpeza. A voceira do sindicato amosouse disposta a negociar e falar sobre as traballadoras deste servizo se a empresa amosa a documentación na que se constata que ten perdas.

María Jesús Neira, quen criticou que os membros do consello de administración cobrasen máis en 2010 que en 2009, explicou que a dirección de Povisa dixo que o se reducía a xornada laboral das limpadoras ou habería despidos e que logo negouse a negociar nada sobre o asunto se a CIG non retiraba a demanda sobre a revisión salarial, algo que rexeitou o sindicato dende donde se asegura que a acción xudicial seguirá adiante.


 

También te puede interesar