Cultura

NCG Banco, o primeiro en escriturarse en galego

Novacaixagalicia Banco S.A. é o primeiro banco que emprega o galego para outorgar a súa escritura fundacional na comunidade autónoma. Antes, no mes de novembro do pasado ano, a entidade fora xa a primeira caixa de aforros en presentar a documentación legal en idioma galego.

En comunicado de prensa, NCG sinala que directivos do banco presentaron onte dúas escrituras asinadas perante notario, unha de segregación dos activos e outra de modificación dos estatutos da caixa, no Rexistro Mercantil da Coruña, un fito histórico que permitiu o nacemento legal, a tódolos efectos, da nova entidade.

A escritura pública foi o último banzo dun longo percorrido que se iniciou, a efectos legais e corporativos, o día 14 de xuño do pasado ano 2010, coa aprobación nos consellos de administración das dúas caixas galegas, Caixa Galicia e Caixanova, do documento inicial do proxecto de integración.

NCG Banco, do mesmo xeito que NCG, dispón tamén de escrituras e datos do rexistro en castelán.

También te puede interesar