RGPD - Cookies
Cultura

A Deputación de Lugo non acollerá o arquivo de Alonso Montero porque o profesor pide 300.000 € por él

Ese é, segundo asegurou o presidente da Deputación de Lugo, o motivo polo cal o organismo provincial non optará a acoller o arquivo do profesor, filólogo e galeguista lucense Xesús Alonso Montero. «Teño un grande respeto pola súa obra e é verdade que tivemos contactos, pero a cantidade que pedía non a podemos asumir. Non sei se o señor Montero sabe que estamos nun proceso de recorte de gastos”.

As declaracións de José Ramón Gómez Besteiro son resposta ás críticas verquidas polo profesor Alonso Montero quen o acusou de “certa incultura” e de «non ter sensibilidade«, pola súa negativa a non acoller o arquivo, apreciacións nas que Gómez Besteiro rexeirou entrar.


 

También te puede interesar