Vigo al minuto

Máis da metade dos rapaces vigueses estudan en colexios concertados e menos dun 1% van a centros privados

Un total de 24.266 rapazas e rapaces, alumnos de Educación Infantil e Primaria, comezaron este luns o curso escolar 2011-2012 en Vigo. Deles, segundo datos facilitados pola Delegación Territorial da Xunta, 10.728 están matriculados en colexios públicos, un 44,2% do total, 13.375 van a colexios concertados, un 55,1% e 163 acuden a centros privados, o 0,67%.

En toda a Área de Vigo, incluindo esta cidade e formada por O Porriño, Mos, Redondela, Salceda, Soutomaior, Salvaterra, Pazos, Fornelos, Nigrán, Baiona, Gondomar, Moaña e Cangas, empezaron o curso 39.315 estudantes dos que 15.374 matricularonse en centros concertados, 15.039 o fixeron en colexios públicos, e 289 en privados.

De todos eles, os que viven en Salceda, Salvaterra, Pazos, Fornelos, Baiona e Moaña, en total 3.962, o que supón o 10%, cursan os seus estudos exclusivamente en escolas públicas.


 

También te puede interesar