Galicia

Feijóo ordena recortar gastos en Medio Ambiente, Cultura e Industria

A conselleira de Facenda ven de adiantar cales serán os depertamentos do goberno galego que soportarán o meirande recorte nos orzamentos de 2012. Marta Fernández Currás, salientou que o mesmo ven causado polos “incumprimientos do sistema de financiación autonómica e que notaranse, especialmente nas consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, cun 5,6% de rebaixa, Cultura e Turismo, un 5,3% e Economía e Industria, cun 4,2%. Os devanditos recortes, sinalou a conselleira son necesarios para que a Xunta “poida pagar as facturas e manter o gasto social”.

Fernández Currás, confirmou que o recorte será de 129 millóns ao tempo que o goberno galego aprobará un edebedamento por outros 114 “que non computan no déficit” e que chegarán para “afrontar a negativa do Goberno central de transferir a Galicia os 243 millóns de euros do Fondo de Cooperación”.


 

También te puede interesar