Comarcas Galicia

Se queres o mellor branco de Galicia, pide o de Señorío de Rubiós

O Señorío de Rubiós Condado do Tea Blanco foi proclamado este xoves, como «O mellor viño branco de Galicia 2011« durante a entrega dos premios da XXIII Cata do Viños de Galicia que organiza a Xunta en colaboración cos diferentes consellos reguladores da comunidade galega. Ademais, o Señorío de Rubiós Albariño acadou o «Acio de Ouro« en Rías Baixas, o que o sitúa como o mellor viño dentro da súa denominación de Orixen.

Segundo declararon os responsables desta adega “é unha excelente noticia que, ademais chega en plena vendima e que nos enche de orgullo e nos impulsa a seguir traballando con máis esforzo, adicación e motivación, para conseguir uns viños cada día mellores e que sexan do agrado dos consumidores». O xerente de Señorío de Rubiós, Antonio Méndez, amosaba a súa ledicía e a de todos os socios desta adega pola consecución de tan importante recoñecemento «xa que nos fai especial emoción que o acadáse o Condado branco, un viño que non é tan coñecido como o albariño pero que ten un gran potencial, é moi expresivo e representanta moi ben as características das nosas uvas e das nosas terras».

A entrega de premios, que conta con categoría de Concurso oficial español, tivo lugar no Mosteiro de San Clodio (Leiro) e contou coa presenza do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijo e do Conselleiro de Medio Rural Samuel JuárezAs catas deste importante premio, que se celebraron o pasado mes de xullo e nas que participaron 185 caldos procedentes de 105 adegas das D.O. galegas, foron avaliadas por doce expertos.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.