Cultura Vigo al minuto

Este sábado, poxa por acabar coa fame en Somalia

Se queres axudar a aliviar a fame que pasan decenas de milleiros de persoas de Somalia que fuxen cara ao Corno de África esta é a tua ocasión. Este sábado, en ‘Detrás do Marco’ , http://detrasdomarco.blogspot.com, na rúa Londres, xusto detrás do Museo de Arte Contemporánea, terá lugar unha poxa solidaria (18 h.) de obras de arte, organizada por A Nosa Colleita para Somalia, a favor da ONG Médicos sen Fronteiras.
As obras poranse á venda durante todo o día aos prezos que os doantes marquen como valor das obras. As obras non vendidas directamente, sairán a poxa no acto de tarde noite, con prezos de saída que quedan como seguen: para obras ata 300€ a poxa será con prezo de saída de 100€, e para obras superiores a 300€ o prezo de saída será de 150€.
Para sta ocasión, os organizadores do acto, contactaron cos grupos B.B. David & The Smokers, Silvia Womami, A Dolce Vita Sons de cine e Walter César, que actuarán en directo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.