Ciencia y Tecnología Vigo al día

Os galeóns de Rande seguen dando guerra

A lo menos 6 deles que apareceron durante as prospección subacuáticas levadas a cabo por un grupo de arqueólogos, dirixidos por Javier Luaces, entre a Illa de San Simón e o estreito de Rande. As investigacións, realizadas dende o 21 de xullo a unha profundidade de entre 3 e 26 metros, comprobáronse dezanove puntos descubríndose tres pecios verificados do século XVIII, con referencias relacionadas coa batalla de Rande de 1702, sete puntos nos que se localizaron embarcacións de épocas posteriores e outros seis puntos sen verificar ou con resultados negativos.

Nos tres primeiros puntos puidéronse identificar restos dos pecios daquela batalla naval e neles observáronse restos da estrutura dos barcos como cadernas ou forro, así como pedras do lastre, ladrillos refractarios ou bolas de canón. Nalgún dos pecios localizados aparece concentración de materiais férricos como posiblemente pezas de artillería, áncoras ou munición, o que foi contrastado pola distorsión magnética rexistrada co magnetómetro nas campañas de 2007 e 2008. Algúns pecios puidéronse determinar claramente, xa que os restos aparecen en parte descubertos, mentras que en noutros, debido á sedimentación, será necesario proceder en futuras campañas e outro tipo de intervención.

Nos sete puntos nos que foron localizadas embarcacións de épocas posteriores, séculos XIX ou XX, non se descarta que poida existir superposición de restos, o que implica que poderían atoparse estruturas de épocas anteriores, quizais pecios tamén da batalla de 1702.

A campaña desenvolveuse durante 6 xornadas de traballo no mar e traballos de análise. O sistema de traballo foi simple e sistemático. Unha vez localizado o lugar onde se detectou a anomalía por métodos xeofísicos, mediante GPS, fondeábase unha boia marcando o punto e un equipo de mergulladores procedía á busca e comprobación inicial.

Na presentación dos resultados desta investigación, sufragada de xeito conxunto pola Xunta e o Ministerio de Cultura, o director xeral de Patrimonio indicou que é posible que nas zonas xa exploradas aparezan restos de valor arqueolóxico que, coma os que poidan atoparse na ría de Corcubión, e na costa de Lugo, serían tratados convintemente para garantir a súa conservación e trasladados ao Museo do Mar de Galicia, con sede en Vigo, único deste xénero que hai no país e que José Manuel Rey Pichel calificó de “lugar óptimo” para que os cidadáns poidan aprecialos e “coñecer a historia de Galicia”.

También te puede interesar