Vigo al minuto

Galiza Nova non aceptará a conciliación coa presidenta de Galicia Bilingüe

Non haberá acordo. Iria Aboy, secretaria xeral de Galiza Nova, non admitirá as acusación feitas pola presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, que a acusa, a ela e á devandita organización, de ataques ao súa honra e pide, polos mesmos, unha indemnización de 30.000 €. A denuncia baséase na publicación nun boletín de Galiza Nova de varias opinións sobre á actuación de Lago coma profesora de inglés no Instituto Santo Tomé de Freixeiro.

Varios alumnos aseguraron que Lago facía apoloxía en contra do galego, dos defensores da lingua e, segundo os seus alumnos, comparanzas con comportamientos dictatorias. A publicación das devanditas opinións supón, segundo a presidenta de Galicia Bilingüe un atentado contra a súa honra e o seu honor e pide a retractación e a mencionada indemnización.

Tales afirmacións foron desmentidas polo avogado de Galiza Nova, Gonzalo Castro, quen anticipou na concentración dos membros da organización, este martes diante dos xulgados de Vigo, que non haberá acordo no acto de conciliación que celebrouse hoxe. “Non hoube ataque nen inxuria algunha contra Gloria Lago senon unha crítica pola súa actitude discriminatoria en contra do galego”. Os membros da organización nacionalista aseguraron que esta denuncia supón un ataque contra a liberdade de expresión e contra o dereito a expresarse en galego.


También te puede interesar