Galicia

O teléfono de Atención á Muller recibiu 12 chamadas ao día ata xuño

Un total de 2.086 persoas utilizaron no primeiro semestre do ano o Teléfono de Información á Muller, o 900400273, ao que se pode acceder, tamén a través do 012, que ten operativo en 51 idiomas a Secretaría Xeral de Igualdade. Do conxunto de chamadas recibidas, 226 estaban vinculadas con violencia machista.

Por provincias, A Coruña encabezou as consultas, cun total de 1.022, seguida de Pontevedra, con 755 , Lugo, 201, e Ourense, con 102. As mulleres foron as principais usuarias deste servizo, realizando 1.942 do total de consultas realizadas, e a maioría das veces, 1.851 foron ellas mesmas quen chamaron, mentres que, en 138 ocasións, a comunicación levouna a cabo familiares ou amigos. Por idades, a meirande parte das chamadas, o 54%, fixeronas persoas de 45 a 65 anos.


 

También te puede interesar