Vigo al día

Carlos Núñez recibe o ‘Premio Celanova, casa dos poetas’

O premio, que rinde homenaxe á memoria de Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Castor Elices, recaeu no músico vigués polo seu amor aos sons de Galicia, o respeto ás súas orixes, a posta en valor do patrimonio sonoro da terra, o seu espíritu innovador e a cooperación internacional e intercultural. O acto, celebrado no Auditorio Ildura, contou coa presenza do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín e o presidente da Fundación Curros Enriquez, Antonio Mouriño, entre outros persoeiros.

Ao longo da súa carreira, Carlos Núñez vendeu máis dun millón de discos en todo o mundo, ten un Premio Ondas e foi candidato, coma solista, aos Grammy, logros que amosan, segundo subliñou o conselleiro de Cultura, que “fixo da gaita un estraordinario instrumento para a difusión e expresión da cultura galega”.


 

También te puede interesar