Galicia

Xa hai auga en Cangas e Moaña

O servizo de suministro restableceuse a primeira hora deste sábado, segundo informa Protección Civil. Os dous concellos estaban sen suministro logo da rotura, o mércores, do emisario submarino de Punta Lagoa que, segundo indicou este venres o concelleiro de Fomento de Vigo, David Regades, estaba a piques de repararse.

Regades confirmou que, pese a non ter competencias sobre o mesmo, o goberno local, “por lealdade institucional”, estaba facendo todo o posible para solventar unha situación “contra a que non tivéramos que actuar antes” e lembrou que o alcalde chamou aos rexidores de Moaña e Cangas para recomendarlles que restrinxisen o uso do auga e se servisen dos depósitos municipais ate que o emisario estivese de novo en funcionamento.

Pese a elo, os cortes de auga a vivendas comezaron este venres ao mediodía e, nalgunhas rúas dos dous concellos do Morrazo, aínda non remataran pasadas as 10 da mañá deste sábado.


 

También te puede interesar