Comarcas Vigo al minuto

O teu taylor é rich ou é poor?

Case 14.800 estudantes e profesores da provincia de Pontevedra poderán mellorar as súas competencias en linguas estranxeiras no curso 2011/2012 a través das ensinanzas impartidas nos colexios integrados na Rede Galega de Centros Plurilingües e nas seccións bilingües.

Deste xeito a Consellería de Educación reforza as actuación enmarcadas no Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, cuxas previsións de cidadáns beneficiados xa se viron superadas: dos 40.000 previstos inicialmente para toda a lexislatura aos 40.800 que van participar deste plan en toda Galicia no curso 2011/2012.

Unha vez analizadas todas as solicitudes, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria autoriza para este curso o funcionamento de 52 novos centros plurilingües, co que a Rede Galega de Centros Plurilingües quedará conformada por un total de 110 colexios e institutos. Deles, 36 pertencen á provincia de Pontevedra, 21 de nova incorporación para este curso que comeza, que se unen aos 15 que xa funcionaron como tal no 2010/2011. Respecto da distribución por cidades, Pontevedra contará con 2 centros plurilingües, e Vigo con 15, todos eles con cadanseu auxiliar de conversa asignado.

Así, o vindeiro curso 2.610 estudantes e 54 profesores da provincia participarán a diario das actividades de mellora das competencias en linguas estranxeiras desenvolvidas na Rede Galega de Centros Plurilingües.

Doutra banda, Pontevedra contará este curso con 142 das 344 novas seccións bilingües autorizadas. Deste xeito, un total de 11.838 alumnos e 271 profesores beneficiaranse do reforzo no ensino de idiomas que supoñen as 677 seccións bilingües que funcionarán nos colexios e institutos da provincia durante o ano académico 2011/2012.

Nos vindeiros días poderase consultar a relacións de centros participantes nestas dúas actuacións na web da Consellería de Educación,  http://www.edu.xunta.es/web/


 

También te puede interesar