Comarcas Vigo al minuto

Unha actuación e a homenaxe aos avós pon o broche de ouro ás actividades de verán de As Neves

Un auténtico fin de festa. Así foi o derradeiro día do programa de actvidades de lecer para nenos desenrolado polo Concello de As Neves . Unha actuación na que amosaron a súa arte os 50 rapaces e rapazas que participaron no mesmo, puxo o broche de ouro a mes e medio de diversión e aprendizaxe, que coma detallou a tenente de alcalde e responsable de Cultura e Servizos Sociais, era o obxectivo do mesmo.Potenciar a exercio físico, o lecer e a aprendizaxe entre os máis pequenos, axudar aos país que seguiron traballando os meses de verán, compatibilizando a vida laboral e familiar, aprender a importancia dunha alimentación coidada e equilibrada, achegarse á lectura, coñecer a importancia do sector agrícola e dos principais cultivos e riquezas do Condado en Xeral e de As Neves, en particular, así como fomentar a participación, a amizade, o compañerismo e o traballo conxunto” eses foron os eixes fundamentais que perseguiron os monitores e monitoras, coma salientou María del Carmen Gil.

O programa, que empezou o día 11 de xullo, e rematou o 31 de agosto, e no que participaron rapaces e rapazas de 4 a 14 anos, rematou cunha festa na que os participantes e monitores rendiron una cálida homenaxe aos avós, á sua experiencia, a seu exemplo e a súa adicación.

Os máis vellos, participaron activamente nun festival no que bailaron ao son da música de Jenifer López ou Lady Gaga e elaboraron varios regalos para os cativos, regalos que entregaron ao final das actuacións.

Raúl Emilio Castro, alcalde de As Neves, fixo entrega dun diploma a cada un dos participantes, animounos a poñer en práctica o aprendido estos días e, tras agardar que pasasen un verán divertido, animounos a empezar con forza o ano escolar. Pola súa banda, a tenente de alcalde amosouse “moi satisfeita” pola labor e, moi emocionada, despediu a cada un dos rapaces e rapazas adiantando que o ano que ven é intención do Concello repetir unha experiencia que calificou de “gratificante e moi intensa…e divertida… o que non se arrisca non disfruta coma o fixemos todos este verán”, bromeou Carmen Gil.


 

También te puede interesar