Comarcas Galicia

As Neves rinde homenaxe cunha exposición aos emigrantes galegos a Portugal

Cun gran éxito de público vense de pechar no Centro Cultural Vázquez Portomeñe de As Neves a exposición ‘Historia dunha emigración difusa, 500 anos de emigración galega a Lisboa, do escritor, profesor, guionista y director de cine Xan Leira. Segundo o seu autor, a mesma describe unha parte da historia galega que estaba agochada.

A obra, fai un percorrido pola emigración galega a Portugal dende o século XVI aportando como valor engadido a historia de 70 daqueles emigrantes.

A comezo do século XVI, os galegos viaxaban á capital lusa para traballar coma man de obra sustituindo aos miñotos, que probaban fortuna nas novas terras conquistadas pola coroa de Portugal. Deste xeito aséntase en Lisboa unha nutrida colonia galega que leva os seus costumes, adquire os portugueses e empeza a intervir en todo tipo de actividades, ensinando, instaurando, asimilando e creando novas formas de facer o traballo.

Non se sabe cantos galegos chegaron a Portugal naqueles anos, xa que ate o século XIX non había censos pero, segundo as testemuñas de cronistas dos séculos XVIII e XIX, dos 300.000 habitantes de Lisboa, 30.000 eran galegos.

Coma salientou a alcaldesa en funcións e concelleira de Cultura e Benestar, “é curioso comprobar que os galegos se ocuparon en todos os campos, por exemplo, foron os primeiros bombeiros, crearon as primeiras funenarias ou desenrolaron as primeiras ambulancias”. María del Carmen Gil, sinalou a aportación de antepasados de veciños de As Neves ao crecemento de Portugal, entre eles, curiosamente, os dos propio alcalde, Raúl Emilio Castro, que estableceron no país irmán un sólido negocio que mantivo a familia moitos anos.


 

También te puede interesar