Galicia Vigo al minuto

O polbo, a piques de desaparecer da costa galega

Así o asegura o deputado do BNG no Parlamento de Galicia, Bieito Lobeira, quen este sábado responsabilizou á Conselleria do Mar da “práctica desaparición do polbo da costa galega” por non ter en conta o seu comportamento biolóxico, a súa época reproductora e non poñer en marcha medida algunha para coidar esta especie.

Lobeira salientou que na campaña de verán, debido á veda, as embarcacións de baixura apenas capturaron este cefalópodo e que as lonxas “rexistran mínimos históricos o que fai este tipo de pesca económicamente inviable”. O deputado lembrou que hai unhas 1.400 embarcacións que teñen permiso para o uso da nasa do polbo e, engadiu que a súa captura é esencial para a supervivencia da flota de baixura creando “milleiros de empregos”.

O nacionalistas advertiu que a dsaparición do polbo ameaza a viabilidade deste sector logo das restriccións, «impostas inxusta e anticientíficamente pola EU, na captura de xarda e pescada”.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.