Galicia

«Estan dispostos os veciños a pagar 150 € dos seus impostos, cada vez que alguén use unha bicicleta en Chapela?»

Eso é o que se pregunta o tenente de Alcalde e concelleiro de Medio Ambiente de Redondela, en relación coa retirada do servizo de préstamo de bicicletas en Chapela. Miguel Ángel Álvarez, que amosou a súa disposición a prestar as oportunas explicacións na comisión informativa do concello en relación cunha pregunta da voceira municipal do BNG, asegurou que no derradeiro trimestre usaronse as bicicletas 42 veces, e ao longo do pasado ano pedíronse en 95 ocasions, “facendo os cálculos correspondentes, resulta que cada servicio de bicicleta custalle ao concello mais de 150 €, trátase dun custo disparatado e retiramos o servicio provisionalmente, en tanto non se tome unha decisión definitiva

Álvarez preguntoulle á voceira nacionalista qué fixo den dende 2009, cando o BNG gobernaba en coalición co PSOE, para potenciar este servizo, subliñou que aquel goberno non creou nen un metro de carril bici no concello e sinalou que Cecilia Orge mantén un xeito de xestionar que “este goberno non comparte e que consiste en manter un servicio que non ten demanda veciñal”, ademáis, continuou o tenente de alcalde, non cree que sexa de recibo “acusarnos de eliminalo por non ser rentable, esquecendo que se paga con cartos de todos os veciños e menos cando recentemente o Concello de Pontevedra, gobernado polo Bloque, procedeu a eliminar este servicio por non ser sostible”.


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.