Galicia

Amigos e compañeiros lembran este venres a Moncho Reboiras, 36 anos despois do seu asasinato

Este Venres 12 de Agosto ás 19:00h ADIANTEorganiza en Vigo un acto en homenaxe a Xosé Ramón Reboiras Noia (Imo, Dodro 1950 – Ferrol 1975), “no 36º cabodano do seu asasinato a mans da policía franquista en Ferrol”. O evento terá lugar na Praza do Toural, en Teis, barrio, onde viviu a maior parte da súa curta vida “estudando e traballando no bar da súa familia, así como participando activamente na Asociación Cultural de Teis, xérmolo do seu compromiso coa terra”.

O acto será presentado por Moncho Lareu, e nel falarán Laura Sousa (Secretaria de Organización de Adiante), Mariano Abalo (Secretario Xeral da FPG) e Ricardo Castro (Secretario xeral da CUT). Tamén haberá un recital de poesía. O rematar, renomearase simbólicamente unha rúa do lugar co seu nome.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.