RGPD - Cookies
Comarcas

As Neves estrena saneamento e abastecemento

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de entregar ao Concello das Neves obras rematadas de mellora de abastecemento e saneamento.

A Xunta de Galicia investiu preto de 230.000 euros nestas actuacións de carácter hidráulico. Os traballos consistiron en dotar aos lugares de Ponte Vide e Gándaras- Rubiós dunha rede de recollida de augas fecais e a súa conexión á rede xeral de saneamento. Así, instaláronse 915 metros de colector de PVC de saneamento de gravidade de diámetros de 200 e 315 mm. Ademais, proxectouse unha rede de abastecemento de 555 metros de lonxitude.

As obras completáronse coa captación dun manantial e a súa condución ata o depósito municipal, e reparacións nos bombeos existentes, na ETAP, na depuradora e no depósito. Este proxecto beneficia a preto de 4.500 habitantes do Concello, poboación que na época estival se incrementa pola chegada de turistas.


 

También te puede interesar