Galicia

A EGAP publica os temarios das oposicións convocadas o 26 de xullo

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) ven de pendurar na súa páxina web, http://egap.xunta.es, os temarios correspondentes aos distintos procesos selectivos da Xunta convocados o pasado 26 de xullo. En concreto trátase dos relativos aos subgrupos A1 e A2 dos corpos xerais ; os A1 e A2 da escada de sistemas e tecnoloxía da información e o C2 subgrupo do corpo auxiliar.

Os temarios peden baixarse xa de xeito gratuito con obxectivo de “avanzar na garantía do principio constitucional de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego público”,segundo salienta o goberno galego.

Pola súa banda, os temarios específicos publicaranse a medida que sexan rematados, incialmente no idioma empregado por cada un dos autores e, máis adiante, na súa versión bilingüe.


 

También te puede interesar