Comarcas

Os rapaces de As Neves pasan un verán de primeira co programa municipal de lecer

O Concello de As Neves, ven de poñer en marcha un completo programa de actividades para nenos que, coma detallou a tenente de alcalde e responsable de Cultura e Servizos Sociais, ten coma obxectivo tanto potenciar a actividade física, o lecer e a aprendizaxe entre os máis pequenos, coma axudar aos país que siguen mantendo a súa actividade laboral nos meses de verán, e no que participan ao redor de 50 rapazas e rapaces de As Neves de entre 4 e 14 anos de idade

María del Carmel Gil, agrupou en varios grupos este programa, que vai dende as iniciativas que teñen como finalidade “que os rapaces aprendan divertíndose”, pasando polo achegamento ao mundo da alimentación, manualidades,coñecemento do medio natural “no que farase fincapé no coñecemento das nosas parroquias e os recursos do Concello, coidado do medio ambiente, “descubrimento da lectura e do teatro”,introducción aos idiomas e actividade deportiva “tanto con deportes de conxunto, no que os pequenos aprenderán a competir en equipo, coma individuais, como son os cursos de natación”.

O programa que empezou o día 11 de xullo, e remata o 31 de agosto, fíxose seguindo esta coidada planificación, que permitirá aos pequenos facer deporte, aprender a importancia dunha alimentación coidada e equilibrada, asistir a ensayos para a representación dunha actuación de baile, achegarse ao mundo máxico da lectura, coñecer a importancia do sector agrícola e dos principais cultivos e riquezas do Condado en Xeral e de As Neves, en particular, así como fomentar a participación, a amizade, o compañerismo e o traballo conxunto.


 

También te puede interesar