RGPD - Cookies
Galicia

Xulián Barrio, «só nunha actitude de conversión atoparemos os elementos para saír da crise»

O arcebispo de Santiago instou este luns á sociedade a adoptar unha “actitude de conversión para atopar os elementos necesarios para superar a crise”. Julián Barrio indicou, na ofrenda ao Apostolo que “é necesario crear puntos luminosos de humanidade nova, pero non atoparemos os elementos necesarios para superar a crise se non cambiamos no noso interior”.

Monseñor Barrio, que fixo referencia á visita de Benedicto XVI a Santiago e a Xornada Mundial da Xuventude, en Madrid, criticou que na cultura actual a “autonomñia humana sexa o valor decisivo e que o papel de Deus desaparecese da conciencia”.


 

También te puede interesar