RGPD - Cookies
Comarcas

Éxito de participación e público na Festa do Tinto das Rías Baixas en As Neves

VI Festa do Tinto Rías Baixas, que se celebrou este fin de semán en As Neves, rematou cun grande éxito de participación e de visitantes, que se achegaron ao ‘sol do Condado’ este sábado e durante todo o domingo. A mesma, ademáis de dar a coñecer os excelentes caldos que se elaboran no Condado, ofreceu aos visitantes e veciños un coidado programa de actividades a fin de que poidesen aproveitar os dous excelentes días de verán que acompañaron á festa.

Este domingo, amaneceu ás 11 da mañá, cun pasarrúas, coa Charanga Trouserghas; seguiu ás 7 da tarde cunha Festa Infantil e Teatro na Rúa na que Troula Animación representou ‘A Invasión Pirata’, e despediuse ate o ano que ven, ás 9 da noite, cun Concerto a cargo da Banda de Música de Guláns (Ponteareas).


 

También te puede interesar