Vigo al día

Aínda hai entradas para ver a Leo Bassi en Vigo

Ante algunhas informacións publicadas este domingo por varios medios de comunicación, o Festival Internacional de Clown de Galicia lembra que os billetes para estas actuacións continúan á venda na web http://taquilla.servinova.com/inicio/

Así, aínda é posible facerse cunha entrada para ver a Leo Bassi o próximo venres día 29 de xullo ás 22 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo, onde fará a estrea mundial do seu último espectáculo: “Las raíces judeo-cristianas de occidente: Un fraude histórico”.

No caso da compañía madrileña Yllana, será o sábado 30 tamén ás dez da noite cando despreguen sobre as táboas do Centro Cultural Novacaixagalicia o seu humor máis desternillante e maxistral con “666”. Nesta peza Yllana imprime unha dose máis elevada de humor negro, absurdo e mordaz ao seu habitual traballo cómico visual para mostrar, sen palabras, o lado máis escuro e sinistro do ser humano.

Venda anticipada de entradas para Yllana e Leo Bassi: en http://taquilla.servinova.com/inicio/ ou no 902434443. Venda na billeteira do Centro Cultural Caixanova para estes espectáculos: en ambos casos, hora e media antes do inicio dos mesmos.

Para os demais espectáculos con entrada de Festiclown (Carpaclown -5 euros- e galas da Mostra internacional -8 euros-) as entradas poden mercrarse na billeteira do auditorio municipal (Praza do Rei) o martes 26 de xullo con horario de 21.00 a 23.30 h e de mércores 27 a venres 29 de xullo con horario de 17.30 a 22.00 h e de 23.00 a 24.00 h.


 

También te puede interesar