RGPD - Cookies
Comarcas

Queres un fin de semán disTinto? vente a As Neves

Neste concello, capital do Sol do Condado, celébrase, o sábado (día 23) e o domingo (día 24) a VI Festa do Tinto Rías Baixas que, ademáis de dar a coñecer os excelentes caldos que se elaboran no Condado, ten un completo programa de actividades que van dende concertos, pasarruas,un festival folc, unha verbena, festa infantil ou teatro, aos que se engadirán as tradicionais catas de viños realizadas con especialistas.

A festa comezará o sábado ás 11 horas cun Pasarrúas a cargo da Charanga Apeles e seguirá cos seguintes actos:

11:30 h.- Cata de Viños Tintos dirixida por Jorge Hervella, no Centro Social Diz Garrido.

12:30.- Concerto da Banda de Música de Rubiós.

13:30.- Pregón, a cargo de David Barco

17:00 h.- Pasarrúas, coa Charanga Apeles.

22:00 h.- XVII Festival Folc co Grupo Folc Sikharuli de Xeorxia e as Pandereteiras de A Buxaina.

22:30 h.- Verbena co Trío ‘Los tres Latinos’ e Queimada popular.

O domingo, día 24, empezará ás 11:00 h. cun pasarrúas coa Charanga Trouserghas, seguirá ás 19 h. cunha Festa Infantil e Teatro na Rúa na que Troula Animación representará ‘A Invasión Pirata’, e rematará ás 9 da noite cun Concerto a cargo da Banda de Música de Guláns (Ponteareas).

Ao marxe da Festa, e coma sinalou o alcalde, Raúl Emilio Castro, todos os visitantes terán a aportunidade de «disfrutar da comida, da paisaxe, dos viños, da comida, dende o polvo ao churrasco,pasando polo coñecidísimo requeixo con mel e, por suposto, da cordialidade dos nevenses.


 

También te puede interesar