RGPD - Cookies
Vigo al día

Amigos da Terra denuncia a desaparición da Praia da Punta que Caballero dixo recuperar

A asociación ecoloxista denuncia que sucedeu tal e como advertira. Hai apenas un ano xa denunciara ante a Demarcación de Costas ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, “polo impacto ecolóxico e económico da súa pretensión de volver a cometer o erro de crear unha praia onde non existe”.

A medida foi tomanda por Amigos da Terra logo das novas nas que se informaba de que a Dirección Xeral de Costas ten previsto construír un novo espigón para mellorar o aspecto da praia de A Punta, en Teis, “tras o fracaso do aporte de area do pasado verán”. Os ecoloxistas, xa denunciaron a situación da praia de Teis cando retiraron o muro da escola militar da ETEA, xa que era precisamente ese muro o que impedía que a area circulase, “o que formou unha praia onde non existía”, e o pasado ano, cando o alcalde “decidiu verter toneladas de area para mellorar o aspecto da praia”.

Esta acción, segundo subliña Amigos da Terra, non serviu para nada máis, “xa que a area non durou demasiado”, que para colmatar o fondo da ría, algo que agrávarase coa pretensión do Concello de construir un novo muro e verter novamente toneladas de area, “un novo desacerto, xa que parte de esa area perderase de novo no fondo mariño, sepultando aínda máis os bancos marisqueiros”.


 

También te puede interesar