Comarcas

Os veciños de As Neves amosarán que son de pura sangue

Segundo informa a concelleira de Cultura e Benestar e tenente de alcalde, María de Carmen Gil, o Concello de As Neves e o Centro de Transfusión de Galicia (CTG) veñen de acordar impulsar unha iniciativa que vaixo o lema ‘Este verán salva vidas. O teu sangue é vida. Compártea’ ten coma obxectivo promover a participación das veciñas e veciños nas campañas de doazón de sangue e, deste xeito, garanti-lo correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros asistenciasis galegos, que van a precisar ó redor de 30.000 doazóns de sangue nos meses de verán.

Por elo, as persoas que desexen participar poden acudir á unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia que estará diante do Centro Cultural e Praza de Abastos do concello nevense de 10 a 2 e de 4 a 9 da noite.

“Ademáis de axudar a que aumenten as reservas do banco de sangue, os participantes recibirán información sobre este acto altruista de xeito que a participación dos veciños de As Neves chegue aos nosos hospitais co obxectivo de compartir a nosa saúde e salvar vidas”, asegurou María del Carmen Gil.

O Concello e o Centro de Transfusión de Galicia, amosaron o seu agradecemento a todos os veciños que participan cada ano nas campañas de doazón e que permiten, deste xeito, que moitos enfermos recuperen a súa saúde. O ano pasado houbo 118 doazóns no noso concello”, subliñou o alcalde, Raúl Emilio Castro, pola súa banda, e animou aos veciños a incrementar a súa participación “para que As Neves chegue a ser un dos concello máis solidarios de Galicia”.


 

También te puede interesar