Comarcas

As Neves aposta pola integración laboral impulsando un curso de Atención a Dependentes

Se hai unha semán o Concello de As Neves anunciaba a posta en marcha de un programa de actividades para nenos e maiores durante todo este verán e este mércores anunciaba o inicio dun curso formativo para xuventude a través do Programa ‘Actívate 2011’, convocado pola Deputación de Pontevedra, impulsado polo Servizo de Acción Social, e consistente nunhas xornadas de ‘Formación Básica para monitores de Tempo de Lecer’, especialmente destiñado a desempregados de entre 16 e 35 anos, agora vai levar a cabo o curso de ‘Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais”.

O mesmo está subvencionado pola Concellería de Traballo e Benestar e diríxese, prioritariamente, a persoas desempregadas. O mesmo terá unha duración total de 478 horas e impartirase nas dependencias do Concello. Trátase dunha iniciativa que, coma as anteriores, ten coma obxectivo facilitar á integración no mercado de traballo de veciños que estén no paro, polo cal, aqueles que estén interesados en facer este curso deberán estar anotados coma demandantes ma Oficina de Emprego e reunir unha serie de requisitos mínimos dos que informa a Oficina de Axente de Emprego do propio Concello.


 

También te puede interesar