Galicia Vigo al minuto

A CIG advirte que o naval vigués corre un serio risco de desaparecer

A Confederación Intersindical Galega ven de alertar que o sector naval da Ría de Vigo, que directa e indirectamente dá ocupación a mais de 10.000 traballadores da comarca, está en risco certo de desaparecer nos próximos meses. A decisión do departamento da Comisión Europea de paralizar o sistema de contratación con cobertura fiscal denominado Tax Lease para o Estado español, que en diferentes versións aplican varios países da Unión Europea, incluso aqueles que promoveron a denuncia por infracción das normas de competencia, ocasiona, segundo advirte a CIG, “para os estaleiros da Ría de Vigo e a industria auxiliar una situación de quebra técnica con efectos inmediatos”.

A central nacionalista subliña que a actual conxuntura do sector na Ría cunha carga de traballo aproximadamente do 10% da súa capacidade e ocupación real soportada nestes últimos meses, ten aos estaleiros e auxiliares nunha situación financeira extremadamente delicada que “pode provocar nos próximos meses un peche masivo de empresas”.

Segundo sinala o sindicato, a situación é grave “polos efectos desta paralización xa que afecta aos contratos pendentes de executar e tamén a aqueles que na actualidade están executándose, e porque a resolución deste departamento da Competencia pode tardar ata un ano” e deica craro que ningún estaleiro está a salvo desta medida e que “os vencementos de pagos á industria auxiliar nos prazos previstos tampouco se cumprirían, polo que os efectos xa a curto prazo serían catastróficos: primeiro á industria auxiliar de primeira liña e posteriormente ás subcontratadas por estas”.

Os nacionalistas denuncian “esta medida arbitraría da Unión Europea” que pode estar “alimentada polo interese de varios países con maior peso político, como Alemaña, Francia, Noruega e Holanda de provocar una segunda reconversión naval que limitara os competidores no ámbito europeo, mais grave inda cando todos estes países teñen incentivos fiscais de semellante natureza que non están interrogados nin en entredito”.Por último, a CIG chama a todas as forzas políticas, sindicais e institucionais da cidade a tomar decisións para salvar o naval e a cidadanía a participar no futuro en todas as mobilizacións que se promovan en defensa do sector.


 

También te puede interesar